28 de xuño de 2023
Convocatoria 2023/24
O prazo para presentar a documentación requirida estará aberto ata o 12 de xullo de 2023 incluído
Hoxe, 28 de xuño, publícase no Taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña a seguinte información referente á convocatoria para a concesión das axudas municipais para o pagamento de comedores escolares no curso escolar 2023/2024:
Na mesma publicación pódese consultar a listaxe total de solicitudes presentadas na convocatoria 2023/2024 con número de expediente individual asociado.
A efectos informativos publícase a listaxe coa totalidade das solicitudes presentadas á convocatoria de bolsas municipais para o pagamento de comedores escolares no curso escolar 2023/2024.
Esta listaxe identifica a totalidade das solicitudes segundo o seu código de asento, xunto co número de expediente individual asignado*.
O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números. Nas solicitudes presentadas presencialmente en calquera dos rexistros municipais, este código aparece na casa "Identificador" da Portada Normalizada de Documento Electrónico que se entregou na oficina do Rexistro.
LISTAXE TOTAL DE SOLICITUDES PRESENTADAS NA CONVOCATORIA 2023/2024 E EXPEDIENTE INDIVIDUAL ASOCIADO
Se se presentou a solicitude no Rexistro do Ágora, o seu código de asento comeza por AGOE, no Fórum Metropolitano por FORE, en Mesoiro por MESE, na Franxa por FRAE e en María Pita por RMPE. Se se presentou na sede electrónica municipal, aparece no campo "código do asento" ou selo dixital de rexistro.
(*) Todas as listaxes obxecto de publicación desta convocatoria, identificarán a solicitude do alumnado segundo o código do seu expediente individual.
Esta listaxe, pode consultarse descargando o documento "Listaxe solicitudes"
LISTAXE REQUIRIMENTO DE EMENDA DE SOLICITUDES
A listaxe de requirimento de emenda de solicitudes pode consultarse descargando o documento "Nova listaxe"
Só aparecen neste documento as solicitudes presentadas que son obxecto de requirimento de corrección (apartado 12.2 da convocatoria), identificadas polo código de asento da solicitude/número de expediente individual asignado.
Na columna ESTADO DA DOCUMENTACIÓN deste documento móstrase o estado da solicitude:
A documentación poderase presentar:
O prazo para presentar a documentación requirida estará aberto ata o 12 de xullo de 2023.
(**)CITA PREVIA: Para presentar a documentación nos rexistros municipais de María Pita, Mesoiro, Ágora, Fórum e a Franxa hai que solicitar cita previa a través da páxina web municipal https://citaprevia.coruna.gal/, Teléfono de Atención Cidadá 010 ou ben no teléfono de servizo automático de cita previa 881 505 101.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible